Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1

O obxecto do proceso selectivo será cubrir setenta e cinco (75) prazas no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2021, á cal se acumulan as provenientes de oferta de 2020, segundo se detalla: – Oferta de emprego público do exercicio 2020, aprobada polo Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro): corenta e cinco (45) prazas de acceso libre, das cales tres (3) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade. – Oferta de emprego público do exercicio 2021, aprobada polo Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril): trinta (30) prazas de acceso libre, das cales dúas (2) están reservadas á quenda de persoas con discapacidade.

O sistema selectivo será o de oposición 

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220627/AnuncioG0597-170622-0002_gl.pdf