Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 26 de xullo de 2022 pola que se aproban as bases xerais reguladoras e se convocan o proceso selectivo de acceso por oposición libre e o proceso de provisión por mobilidade nos corpos de Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía (códigos de procedemento PR461B e PR461D).

Obxecto da convocatoria.

1.1. O obxecto do proceso de acceso por oposición libre é cubrir 60 prazas dos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1. O obxecto do proceso de provisión por mobilidade é cubrir 18 prazas dos corpos de Policía Local, escala básica, categoría de policía, subgrupo C1.

1.2. As prazas non cubertas no proceso de provisión por mobilidade acumularanse ao proceso de acceso por oposición libre e serán publicadas a través de resolución da persoa titular da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública (en diante, Agasp).

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220811/AnuncioV0654-270722-0001_gl.pdf  

https://www.boe.es/boe/dias/2022/08/22/pdfs/BOE-A-2022-13954.pdf