Axencia Galega da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 17 de outubro de 2022 polo que se convoca o proceso selectivo para a contratación, baixo a modalidade contractual de actividades científicotécnicas, de cinco titulados/as superiores universitarios (técnicos/as I, categoría 004), no marco do Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e a Fundación Juana de Vega para o desenvolvemento do proxecto titulado Caracterización, recuperación, conservación e transferencia da biodiversidade xenética vexetal de interese agrario de Galicia.

O prazo de presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles, que se iniciará o día seguinte ao da publicación do anuncio destas bases no Diario Oficial de Galicia (DOG).

As bases do proceso de selección e os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse no enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios da Axencia Galega da Calidade Alimentaria: https://mediorural.xunta.gal/gl/conselleria/organismos-adscritos/axencia-galega-da-calidadealimentaria/documentacion

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221025/AnuncioG0528-171022-0001_gl.pdf