No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 180, do 20 de setembro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Dúas prazas de Economista, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, unha mediante o sistema de oposición, en quenda libre, e unha mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
Unha praza de Técnica/o Superior de Arquivos, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Tres prazas de Diplomada/o en Traballo Social, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre, unha reservada para persoas con diversidade funcional.
 
Unha praza de Enxeñeira/o Técnica/o, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Enxeñeira/o Técnica/o Forestal, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Técnica/o Media/o de Sistemas, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Catro prazas de Administrativa/o, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, unha mediante o sistema de oposición, en quenda libre e tres mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna, das cales una se reserva para persoas con diversidade funcional.
 
Unha praza de Encargada/o de Servizos de Cemiterio, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
Dúas prazas de Inspectora/Inspector Control de Concesionarias, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna, unha reservada para persoas con diversidade funcional.
 
Unha praza de Inspectora/Inspector de Medio Ambiente, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
Tres prazas de Inspectora/Inspector de Obras, Servizos e Infraestruturas, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
Unha praza de Inspectora/Inspector de Seguridade e Movilidad, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.
 
Dúas prazas de Programadora/Programador de Informática, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Cometidos Especiais, unha mediante o sistema de oposición, en quenda libre, e outra mediante o sistema concursooposición en quenda de promoción interna.
 
Tres prazas de Auxiliar, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna, unha reservada para persoas con diversidade funcional.
 
Catro prazas de Auxiliar de Biblioteca, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala auxiliar, mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna, unha reservada para persoas con diversidade funcional.
 
Dúas prazas de Inspectora/Inspector Auxiliar de Servizos, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna, unha reservada para persoas con diversidade funcional.
 
Unha praza de Oficial Albanel, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Oficial Desinfectora/Desinfector, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Dúas prazas de Oficial Sepulturera/o, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Oficial de Instalacións, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Oficial Ferreiro, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Unha praza de Oficial Pavimentadora/Pavimentador, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Dúas prazas de Oficial Electricista, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Tres prazas de Oficial Condutora/Condutor, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Dúas prazas de Oficial Coidadora/Coidador de Zoo, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre.
 
Seis prazas de Axudante de Oficios, do persoal de persoal laboral fixo, a cubrir polo sistema de oposición, en quenda libre, das cales una reservada para persoas con diversidade funcional e tres reservadas para persoas con diversidade funcional intelectual.
 
Dúas prazas de Operadora/Operador Informática/o, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais, clase Cometidos Especiais, mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
Oito prazas de Subalterna/o, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Subalterno, mediante o sistema de oposición, en quenda libre, tres reservadas para persoas con diversidade funcional e unha reservada para persoas con diversidade funcional intelectual.
 
Unha praza de Mestra/o de Formación (especialidade pintura), pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos Especiais e clase Cometidos Especiais mediante o sistema de oposición, en quenda libre.
 
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado».