Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se inicia o prazo para a inscrición de aspirantes nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de dietista-nutricionista no ámbito das institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia.

Prazo de inscrición

5.1. Para a primeira xeración de listas, poderanse formalizar as solicitudes nun prazo de dez días hábiles, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Os méritos computables serán os causados ata o día inmediatamente anterior ao da publicación desta resolución e que consten acreditados na data límite de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

5.2. Unha vez xeradas as primeiras listas, a inscrición será aberta e permanente. De rexistrar a inscrición no expediente electrónico con posterioridade á finalización do prazo previsto no punto 5.1 anterior, o/a aspirante figurará na seguinte xeración de listas que se efectúe nas respectivas categorías.

 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221107/AnuncioG0003-241022-0005_gl.pdf