No «Boletín oficial da provincia da Coruña» número 198, do 19 de outubro de 2022, con corrección no número 201, do 24 de outubro de 2022, publicáronse integramente as bases que han de rexer a convocatoria para prover:
 
Unha praza de Auxiliar administrativo, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala de Auxiliar e clase Auxiliar administrativo, mediante o sistema de oposición, en quenda libre. Publicouse, así mesmo, un extracto da convocatoria no «Diario Oficial de Galicia» número 209, do 3 de novembro de 2022. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado»