Resolución do 8 de maio de 2023, da Subsecretaría, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, na Escala de Auxiliares de Arquivos, Bibliotecas e Museos de Organismos Autónomos do Ministerio de Cultura. en total, convócanse 169 prazas polo sistema de ingreso libre.

Do total de prazas convocadas reservaranse 8 para quen teña a condición legal de persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33%.

As persoas interesadas dispoñerán dun prazo de presentación de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da data de publicación da convocatoria no BOE. O período de inscrición é do 16/05/2023 ao 12/06/2023.

https://www.sepe.es/HomeSepe/que-es-el-sepe/comunicacion-institucional/noticias/detalle-noticia.html?folder=/2023/Mayo/&detail=Plazas-para-la-Escala-de-Auxiliares-de-Archivos-Bibliotecas-y-Museos-de-Organismos-Autonomos-del-Ministerio-de-Cultura