CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL PARA FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA TÉCNICOS/AS DE APOIO DO PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO

As instancias segundo modelo que se acompaña no ANEXO I, dirixiranse ao alcalde do Concello de Dodro e presentaranse no Rexistro Xeral, durante o prazo de sete (7) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña. Poderán así mesmo remitirse na forma determinada na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común. Incluirá a declaración de que reúnen todos e cada un dos requisitos da presente convocatoria

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/05/14/2024_0000003167.html