CONVOCATORIA DE SELECCIÓN para a contratación de 1 PRAZA DE TÉCNICO/A DE INFORMACIÓN TURISTICA 2024.

Por Resolución de alcaldía, núm. 298/2024, do 19 de xuño de 2024, aprobáronse as bases para a provisión en réxime laboral temporal de duración determinada por circunstancias da produción para a contratación de 1 praza de técnico/a de información turística, do programa DP0029 2024 da Deputación da Coruña.

As bases están a disposición no taboleiro de edictos do concello de Boqueixón, na páxina web www.boqueixon.gal e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal (https://sede.boqueixon.com).

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2024/06/21/2024_0000004389.html