CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 4 POSTOS DE SOCORRISTAS DE ESPAZOS NATURAIS PARA A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO VAL MIÑOR

Aprobada por Resolución da Presidencia da Mancomunidade de Concellos do Val Miñor de data 09.07.2024 unha nova convocatoria para a contratación laboral temporal por circunstancias da produción para atender situacións ocasionais e previsibles de 4 postos de socorristas de espazos naturais para a realización do servizo “Servizo de salvamento e socorrismo nas praias da mancomunidade”. As bases do proceso selectivo foron aprobadas con data 14.06.2024.

Procédese á publicación do anuncio aos efectos de que as persoas interesadas presenten as súas solicitudes no prazo de 3 días contados a partir do día seguinte a publicación deste anuncio no BOPP e segundo o establecido nas bases da convocatoria publicadas integramente na Sede Electrónica da Mancomunidade:

(https://mancomunidaddeconcellosdovalminor.sedelectronica.gal).

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/07/15/2024048717