XUNTA DE GALICIA CONVOCA AXUDAS PARA PROFESIONAIS AUTÓNOMOS/AS E EMPRESAS QUE SUFRAN PERDAS DE INGRESOS DERIVADAS DA CRISE DERIVADA POLA COVID, PARA DESENVOLVER ESPECTÁCULOS MUSICAIS CON PÚBLICO

Axencia Galega das Industrias Culturais
RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para profesionais autónomos e empresas que sufran perdas de ingresos derivados da crise provocada pola COVID-19, para desenvolver espectáculos musicais con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento CT302E).

Os proxectos financiados deberán:
a) Consistir no desenvolvemento de espectáculos musicais con público de carácter lucrativo, entendéndose por estes as actuacións que se representen ao aire libre ou en grandes recintos, fóra do seu establecemento permanente, cuxo elemento principal sexa a representación de concertos de música en todas as súas modalidades, como clásica, pop e rock; presumirase o carácter lucrativo dos espectáculos cando teñan unha contraprestación económica acorde co mercado.
b) Ser desenvolvidos por profesionais ou empresas de espectáculos musicais e que estean dados de alta con máis dun ano de antigüidade no IAE nalgunha das epígrafes 965.2,965.3 e 965.4 e que sufrisen durante o ano 2000 perdas na facturación orixinadas pola COVID-19.
c) Desenvolverse en poboacións galegas de máis de quince mil habitantes ou naquelas con poboación inferior que estean declaradas como municipios turísticos ao abeiro do Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 10 de decembro de 2021, salvo Santiago de Compostela, que non os poderá realizar entre o 1 de xullo e o 15 de agosto.
d) Os espectáculos que realicen terán que ser de pagamento e con público, dentro da programación do Xacobeo 21-22, e poderán comprender un só concerto ou varios e na mesma ou en diferentes poboacións.

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal permanente de polo menos un ano previo a esta convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dadas de alta no IAE cun ano mínimo de antigüidade nas epígrafes 965.2, 965.3 e 965.4 e que desenvolvan espectáculos musicais con público de xeito habitual e profesional en Galicia.

Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias destas subvencións as agrupacións de entidades que cumpran cada un dos requisitos anteriormente sinalados de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Para os supostos de agrupacións, os membros non poderán presentar proxectos de forma individualizada.

Para acceder a esta convocatoria deberanse cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter, social ou estatutariamente, como obxecto social a organización de espectáculos musicais, no suposto de persoas xurídicas
b) Estar dados de alta no imposto de actividades económicas nas epígrafes 965.2 Espectáculos ao aire libre, 965.3 Espectáculos fóra do establecemento permanente e 965.4 Empresas de espectáculos, cunha antigüidade mínima e ininterrompida dun ano.
c) Ter unha facturación no ano 2019 superior a 200.000 euros; a dita cantidade, no caso das agrupacións previstas no artigo 8.3 da Lei de subvencións, considérase de xeito conxunto.
d) Sufrir unha diferenza de facturación superior ao 30 % entre os anos 2019 e 2020, orixinada pola crise da COVID-19.
e) Os espectáculos deberanos realizar en poboacións galegas de máis de quince mil habitantes ou naquelas que estean declaradas como municipios turísticos ao abeiro do Decreto 32/2015, do 19 de febreiro, nas datas comprendidas entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 10 de decembro de 2021, salvo Santiago de Compostela, que non os poderá realizar entre o 1 de xullo e o 15 de agosto.
g) Os espectáculos terán carácter lucrativo, entendéndose por estes cando teñan unha contraprestación económica acorde co mercado.
f) Só se poderá presentar un único proxecto por solicitante ou unión, e o proxecto poderá estar constituído por un concerto ou varios e nunha mesma localidade ou en varias.

A porcentaxe máxima de concesión da subvención non poderá exceder o 80 % do orzamento subvencionable e, en todo caso, nunca superior será a 60.000 euros por beneficiario ou agrupación beneficiaria.

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210623/AnuncioG1097-170621-0001_gl.pdf