INEGA CONVOCA SUBVENCIÓNS PARA PROXECTOS DE ENERXÍA FOTOVOLTÁICA PARA O ANO 2021-2022

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para o ano 2021-2022, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN421S).

O obxecto destas bases e apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de electricidade mediante paneis solares fotovoltaicos (procedemento IN421S).

Non serán subvencionables os proxectos iniciados antes da data de presentación da solicitude de axuda, en aplicación do efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Poderán acceder á condición de beneficiarios/as das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.

b) As entidades sen ánimo de lucro.

c) Empresas legalmente constituídas e autónomos; incluídas as empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Investimentos subvencionables

1. Os paneis solares fotovoltaicos.

2. O acondicionamento da enerxía eléctrica (inversores, convertedores, reguladores, cadros eléctricos, elementos de interconexión, proteccións, cablaxe, equipamentos de medidas e outros equivalentes), monitorización (sensores, adquisición de datos, comunicación remota e outros equivalentes) e sistema de acumulación con baterías.

3. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

4. O custo de montaxe e conexionado.

A contía máxima da axuda por proxecto para empresas e entidades locais será de 40.000 € e de 25.000 € en entidades sen ánimo de lucro.

O prazo de presentación das solicitudes de axuda comezará o 16 de xullo, as 9.00 horas, e finalizará o 1 de decembro de 2021.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210707/AnuncioG0474-250621-0002_gl.pdf