MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN CONVOCA AXUDAS ÁS EXPLOTACIÓN AGRARIAS DE TITULARIDADE COMPARTIDA

MINISTERIO DE AGRICULTURA, PESCA E ALIMENTACIÓN 

Real Decreto 819/2021, do 28 de setembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión directa de subvencións ás explotacións agrarias de titularidade compartida, e apróbase a convocatoria para o exercicio 2021.

Beneficiarios/as.
 
1. Poderán ser entidades beneficiarias das subvencións previstas neste real decreto as explotacións agrarias de titularidade compartida que se achen rexistradas en situación de alta no Rexistro de explotacións agrarias de titularidade compartida do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, segundo a información fornecida polas distintas comunidades autónomas en cumprimento do artigo 7 da Lei 35/2011, do 4 de outubro, sobre titularidade compartida das explotacións agrarias, con, polo menos, un mes de antelación á data en que se publique o extracto de cada convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».
 
2. Así mesmo, as entidades beneficiarias e os seus titulares, no seu caso, deberán cumprir os seguintes requisitos adicionais:
 
a) A entidade de titularidade compartida e as persoas titulares da mesma deberán acharse ao corrente no cumprimento das obrigacións tributarias e fronte á Seguridade Social.
b) A entidade de titularidade compartida e as persoas titulares da mesma non deberán estar incursos en ningunha das circunstancias enumeradas nos apartados 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, acreditándose en particular conforme ao previsto no artigo 6.3 con respecto da obrigación de estar ao corrente das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.