DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA PROCEDEMENTO RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA DE DEPORTISTA DE ALTO NIVEL (DEPO_DAN E DEPO_DAN+) E DEPORTISTA DE ALTO NIVEL DE BASE (DEPO_TALENTO)

BASES REGULADORAS PARA O RECOÑECEMENTO DA CATEGORÍA DE DEPORTISTA DE ALTO NIVEL (DEPO_DAN E DEPO_DAN+) E DEPORTISTA DE ALTO NIVEL DE BASE (DEPO_TALENTO) DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA NO ANO 2024

Obtención do recoñecemento da categoría de alto nivel e alto nivel de base

1.1 Categoría de alto nivel DEPO_DAN e DEPO_DAN+

Para obter a categoría DEPO_DAN e DEPO_DAN+ as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Nacer na provincia de Pontevedra ou estar empadroadas nesta polo menos desde o 1 de xaneiro de 2023.

• Estar recoñecidas coa condición de alto nivel pola Comunidade Autónoma de Galicia (DGAN) ou polo Estado español (DAN) no momento da presentación da solicitude.

• A condición da categoría DEPO_DAN e DEPO_DAN+ poderá recoñecérselles a deportistas, adestradoras e adestradores e xuízas e xuíces-árbitro.

• Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva.

• Non estar a cumprir, no momento da presentación da solicitude, ningunha sanción disciplinaria deportiva ou administrativa firme por cometer unha infracción de carácter grave ou moi grave, ou por dopaxe.

1.2 Categoría de alto nivel de base DEPO_TALENTO

Para obter a categoría DEPO_TALENTO as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Nacer na provincia de Pontevedra ou estar empadroadas nesta polo menos desde o 1 de xaneiro de 2023.

• Nacer entre 2007 e 2012 (ambos os dous incluídos).

• A condición da categoría DEPO_TALENTO poderá recoñecérselles só ás e aos deportistas.

• Acreditar o nivel deportivo esixido pola Deputación de Pontevedra para recibir unha das axudas definidas no apartado 4 para o grupo B. Para acreditar o nivel deportivo, a Deputación de Pontevedra esixe que no ano 2023 quedasen entre os tres primeiros postos no Campionato de España ou participasen nun campionato de Europa ou
do mundo.

• Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva.

• Non estar a cumprir, no momento da presentación da solicitude, ningunha sanción disciplinaria deportiva ou administrativa firme por cometer unha infracción de carácter grave ou moi grave, ou por dopaxe.

Terceira. Persoas beneficiarias das axudas

Poderán ser beneficiarias das axudas as e os deportistas que obteñan o recoñecemento da categoría de alto nivel e alto nivel de base da Deputación de Pontevedra no ano 2024. Só se poderá solicitar unha única axuda por deportista.

Non poderán beneficiarse destas as e os deportistas que concorran nalgunha das
circunstancias previstas nos artigos 13.2 da LXS e 10.2 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles e comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria e do seu extracto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) e na Base de Datos Nacional de Subvencións.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2024/08/20/2024055171