AXENCIA TURISMO DE GALICIA CONVOCA AXUDAS AO SECTOR DA HOSTALERÍA PARA A PROMOCIÓN DA DIXITALIZACIÓN E MARKETING DIXITAL

21. 09. 28

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ao sector da hostalaría para a promoción da dixitalización e o márketing dixital, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento TU503C).

Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021. En ningún caso se admitirán nin facturas nin xustificantes de pagamento emitidos en datas non incluídas no dito período.

Considéranse gastos subvencionables aqueles en que incorrese a entidade solicitante entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2021 con respecto aos conceptos seguintes:

1.1. Instalación de novos PMS (Property Management System).

1.2. Integración de PMS actuais.

1.3. Instalación de novos CRM (Customer Relationship Management) integrados con PMS.

1.4. Instalación de novos CRM non integrados con PMS.

1.5. CMR integrado con PMS e ferramentas de Big Data e Chatbots intelixentes.

1.6. Produtos/servizos de márketing orientados a captar e fidelizar novos mercados e clientes:

– Estudos de mercado (internacionalización, análise de competencia, benchmarking...).

– Estudos de comportamento e satisfacción de clientes (enquisas, mistery shopper, focus group...).

– Sistemas de marketing automation.

– Xestión profesionalizada de RR.SS. (redes sociais).

– Publicidade en liña.

– Campañas publicitarias con prescritores.

– Reportaxes fotográficas e de vídeo.

– Revisión das APPCC (análises de perigos e puntos control crítico).

1.7. Web corporativa con motor de reservas.

1.8. Adquisición de hardware informático.

1.9. Gastos de persoal: – Sistemas de control do teletraballo.

1.10. Equipamento tecnolóxico: – Equipamento tecnolóxico, directo ou indirecto, que poida servir de apoio ou difusión no control da pandemia. – Equipamento tecnolóxico tanto básico (equipamentos informáticos, software, comunicacións, etc.) como específico.

O importe da subvención será do 100 % para un gasto subvencionable de ata 15.000,00 euros por persoa beneficiaria.

Poderán ser persoas ou entidades beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, persoas físicas ou con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas e as pemes do sector de hostalaría que teñan o seu domicilio fiscal en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210924/AnuncioG0256-230921-0001_gl.pdf