MINISTERIO DE EDUCACIÓN CONVOCA AS AXUDAS COMPLEMENTARIAS DE 400 EUROS DIRIXIDAS AO ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

23. 08. 02

O Ministerio de Educación e Formación Profesional abriu o prazo para solicitar as axudas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo para o curso 2023-24, que este ano inclúen unha axuda complementaria de 400 euros.

A convocatoria está aberta ata o próximo 20 de setembro e pódese solicitar a través da sede electrónica do Ministerio.

Os alumnos e alumnas que acrediten unha discapacidade, trastorno grave de conduta, da comunicación/linguaxe, do espectro autista (TEA) ou altas capacidades poderán solicitar, ademais das outras axudas, este complemento de 400€ para sufragar os gastos adicionais que as súas familias deben afrontar.

Este complemento de 400 euros súmase ao conxunto de axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo que inclúe a convocatoria de axudas para este colectivo de alumnos e alumnas das etapas educativas non universitarias, como axudas ao transporte, comedor escolar, residencia escolar, libros e material didáctico, reeducación pedagóxica e reeducación de linguaxe.

Ademais, compleméntase tamén coa convocatoria xeral de bolsas cuxo prazo, lembramos, abriuse o pasado 27 de marzo e finaliza o próximo 17 de maio.

As axudas poden solicitarse desde educación infantil.

INFORMACIÓN COMPLETA: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

TRAMITACIÓN:

Todo o proceso de solicitude da bolsa realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez enchido, terás que imprimir o formulario de solicitude (un PDF) e presentalo no centro educativo no que vas estudar, se non tes certificado electrónico.

https://sede.educacion.gob.es/portada.html