XUNTA DE GALICIA CONVOCA UNHA NOVA EDICIÓN DOS BONOS ACTIVA COMERCIO E ABRE PRAZO PARA A ADHESIÓN DE COMERCIOS

24. 10. 22

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 8 de outubro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 e á apertura do prazo para a adhesión dos comercios (código de procedemento CO301B).

Cada bono terá a consideración de bono desconto por un valor de ata 30 € para as compras realizadas nos comercios adheridos.

Poderase usar cada bono ata o seu esgotamento ou, de ser o caso, ata o esgotamento do crédito dispoñible no programa.

O importe do bono irase reducindo en función do valor da compra realizada, de acordo cos seguintes criterios:

– Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 €.

– Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 €.

– Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 €.

Todas estas contías se entenden co IVE incluído.

Persoas beneficiarias

Poderán ser persoas beneficiarias das axudas as persoas físicas maiores de idade e residentes na Comunidade Autónoma de Galicia que realicen as actuacións establecidas no artigo 5 destas bases reguladoras. Para seren beneficiarias, terán que tramitar as súas solicitudes conforme o establecido nesta orde. As axudas entenderanse concedidas co troco dos bonos polas persoas usuarias.

ADHESIÓN DE COMERCIOS: 

O prazo para adherirse ao programa será desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o esgotamento do crédito dispoñible ou, en todo caso, ata o 15 de decembro de 2024, sen prexuízo da súa posible ampliación nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderán adherirse ao programa bonos Activa comercio os establecementos comerciais retallistas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia (establecemento comercial en Galicia) e reúnan as condicións legalmente establecidas para o exercicio da súa actividade.

b) Que sexan persoas empresarias autónomas ou pequenas e medianas empresas, de conformidade co previsto no Regulamento (UE) 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

c) Que estean dados de alta nalgún dos grupos ou epígrafes do IAE recollidos no anexo I desta orde.

USO DOS BONOS:

Os bonos estarán dispoñibles na web http://www.bonosactivacomercio.gal/ para a súa descarga polas persoas usuarias desde o 4 de novembro ata o 31 de decembro de 2024, agás no caso de que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas acade os 2.500.000,00 €.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241022/AnuncioG0767-091024-0002_gl.pdf