INSCRÍBETE EN GARANTÍA XUVENIL: AGORA MÁIS FÁCIL QUE NUNCA

23. 06. 12

sistgarxuven

Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso dos/as mozos/as ao mercado de traballo.

Está enfocada a que todas as persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación, poidan recibir unha oferta de emprego, educación ou formación, incluída a formación de aprendiz ou período de prácticas, tras acabar a educación formal ou quedar desempregadas. A recomendación europea que estableceu o programa, require que cada mozo/a poida recibir unha oferta nun período de catro meses a partir da súa inscrición.

A tal fin créase o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil como un ficheiro no que as persoas mozas, inscritas con carácter voluntario, pasan a constituír unha lista única de demanda ao dispor das entidades responsables de propoñer as ofertas concretas.

  • A quen vai dirixida Garantia Xuvenil?

Garantía Xuvenil está dirixida a mozas/os en procura de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e queiran lograr a súa inserción plena no mercado laboral.

Os/as mozos/as poderán solicitar a súa inscrición sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ter nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir en territorio español que habilite para traballar.
  • Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.
  • Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición.
  • Non traballar no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Non recibir accións formativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
  • Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenvolvan no marco da Garantía Xuvenil. No caso dos demandantes de emprego, bastará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.

A través dos seguintes vínculos poderás xestionar por completo se o desexas a túa solicitude de inscrición:

Se É A PRIMEIRA VEZ QUE ACCEDES E QUERES INCRIBIRTE: https://garantiajuvenil.sepe.es/activarUsuario.action

Vantaxes de Garantía Xuvenil

Entre as vantaxes de Garantía Xuvenil destacan as axudas á contratación e as convocatorias de educación, formación, prácticas, aprendizaxe, emprego e autoemprego.

Para lograr que as persoas mozas poidan acceder ao mercado de traballo e en liña co programa e as medidas de Garantía Xuvenil, aprobouse en colaboración coas Comunidades Autónomas e as organizacións sindicais e empresariais máis representativas o Plan de Choque polo Emprego Novo 2019-2021 . Este plan desenvolve 50 medidas en 6 eixos perseguindo reducir o desemprego xuvenil e recuperar a calidade no emprego, loitando tamén fronte á brecha de xénero. Dentro dos obxectivos do plan inclúense medidas encamiñadas a mellorar o Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Máis información:

https://www.sepe.es/HomeSepe/Personas/encontrar-trabajo/Garantia-Juvenil.html

http://garantiaxuvenil.fondoseuropeos.gal/es/gaxuve