XORNADA INFORMATIVA: AXILIDADE ADMINISTRATIVA E COMPETITIVIDADE EMPRESARIAL

21. 05. 27

O vindeiro martes 1 de xuño, a partir das 9h e ata as 14h, terá lugar o encontro Axilidade administrativa: un reto para o impulso da competitividade empresarial, organizado -en formato mixto, presencial e dixital- polo Club Empresarial e Executivo de Galicia (CEEG) en colaboración coa Xunta.

A xornada contará coa presenza de expertos universitarios e representantes de empresas e a Administración autonómica, ademais da embaixadora de Estonia en España, Mariin Ratnik, quen relatará como o seu país se converteu nun referente en dixitalización e axilidade administrativa. Tamén intervirán o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o director do Igape, Fernando Guldrís e responsables do CEEG.

A sede do encontro en formato presencial será o salón de actos do centro universitario CESUGA na Coruña (rúa Obradoiro 47).

PROGRAMA E INSCRICIÓNS