DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA CONVOCA O PROGRAMA CONECTADAS DIRIXIDO Á ASOCIACIÓNS E FEDERACIÓNS DE MULLERES PARA QUE REALICEN CURSOS

23. 01. 31

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto aprobar a convocatoria de 2023 do programa “Conectadas” a través do cal as entidades interesadas poderán seleccionar unha das accións formativas do catálogo ofertado.

Este programa vai destinado a asociacións, federacións e fundacións sen fins de lucro da provincia de Pontevedra, ou que conten cunha delegación nela, que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres e que apoien o seu desenvolvemento e apoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

O prazo de presentación de solicitudes será do 1 de febreiro ao 1 de marzo de 2023.

https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2023/01/31/2023005923