QUERES PARTICIPAR NO PROGRAMA QUE PON EN MARCHA FEAFES GALICIA: POSTA A PUNTO PARA O EMPREGO?

21. 03. 01

OBXECTIVOS DO PROGRAMA:

Desenvolver unha intervención integral que dote as persoas participantes con problemas de saúde mental das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que se requieren no tecido empresarial para o acceso ao emprego, de maneira que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.

PERFIL DAS PERSOAS DESTINATARIAS:

Persoas con problemas de saúde mental.
Persoas perceptoras da RISGA, ou aquelas que formen parte dunha unidade de convivencia beneficiaria da Risga.
Persoas perceptoras do IMV, ou que formen parte dunha unidade de convivencia perceptora desta axuda.
Persoa desempregada
Persoas con motivación para traballar.

DURACIÓN: Setembro 2021- Setembro 2022

ENTIDADE: Feafes-Galicia.

TODA A INFORMACIÓN: Telf: 981 554 852