DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA IMPULSA O II PROGRAMA DE EMPRENDEMENTO NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE BARRO

23. 03. 16

En SmartPeme teñen en marcha o II Programa de Emprendemento no Viveiro de Empresas de Barro co que se brinda unha oportunidade para que persoas cunha idea ou proxecto e que queiran desenvolvelas poidan poñelas en marcha.

A formación é mixta:

- Presencial (soamente as que son imprescindibles)

- En liña. Formación con obradoiros en liña e asesoramento individual e sen límite.

Este programa está dirixido a todas as persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra con proxectos que se atopen nas súas fases iniciais. Co fin de brindarlles apoio, levarase a cabo un itinerario de talleres formativos vinculados ao emprendemento, ademais de asesoramentos personalizados.

Esta segunda convocatoria do Programa de Emprendemento realizarase entre o 21 de marzo e o 21 de xuño no Viveiro de Empresas de Barro, lugar onde se atopa o Centro Provincial de Economía Dixital de Smartpeme.

O prazo para inscribirse remata o venres  con pobrabilidade de que  sexa ampliable.

INFORMACIÓN: https://smartpeme.depo.gal/gl/-/ii-programa-de-emprendimiento-de-smartpeme-en-el-vivero-de-empresas-de-barro?redirect=https%3A%2F%2Fsmartpeme.depo.gal%2Fgl%2Factualidad%3Fp_p_id%3D101_INSTANCE_aqaz222AgrMs%26p_p_lifecycle%3D0%26p_p_state%3Dnormal%26p_p_mode%3Dview%26p_p_col_id%3Dcolumn-1%26p_p_col_pos%3D1%26p_p_col_count%3D2

INSCRICIÓN DIRECTA: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdxC5_cJ9nfryS3VovF7Xt4CD8yAnRY5BXumJjzS7zvVxG2BA/viewform

Para máis consultas podes escribirlles a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou chamar ao teléfono 886 202 020