NOVO COMPLEMENTO DE MATERNIDADE NAS PENSIÓNS: REQUISITOS E CÓMO SOLICITALO

23. 02. 16

O Goberno aprobou a principios do mes de febreiro do 2021 un novo complemento de maternidade das pensións co obxectivo de acabar coa brecha de xénero nas pensións que existe no actual sistema.

Requisitos para solicitalo.
Este novo complemento parte dunha contía fixa de 378 euros ao ano por fillo/a, ata un máximo de catro fillos/as. Para poder beneficiarse deste complemente deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • Estar adscrito/a a calquera réxime do sistema da Seguridade Social e solicitar unha pensión contributiva de xubilación, de incapacidade permanente ou de viuvez. É dicir, o complemento sumarase ás pensións de xubilación ordinaria, xubilación anticipada voluntaria, incapacidade permanente e viuvez.
    Os complementos que puidesen ser recoñecidos en calquera dos réximes de Seguridade Social serán incompatibles entre si. Abonarase no réxime no que o causante da pensión teña máis períodos de alta.
  • Ter un/ha ou máis fillos/as rexistrados/as no Rexistro Civil.
  • Se é un home, debe acreditar os requisitos adicionais seguintes:
  • Causar unha pensión de viuvez por falecemento do/a outro/a proxenitor/a, sempre que algún/ha teña dereito a percibir pensión de orfandade.
    Causar unha pensión contributiva de xubilación ou incapacidade permanente e interromper ou ver afectada a súa carreira profesional con ocasión do nacemento ou adopción, con determinadas condicións relacionadas coa cotización.

Como se solicita?
Para solicitalo pódese realizar de forma en liña accedendo directamente á Sede electrónica da Seguridade Social, aquí: https://sede.seg-social.gob.es/wps/portal/sede/sede/Inicio/!ut/p/z1/hY4xD4IwFIR_iwMr7zVVIm4djFFxMIaIbzFASsEUSkqFvy9RFxPF2-7yXe6AIAFq0r5SqatMk-rRXyi4chbMWYgs2uB2jSI-7OOQHzmGDM5PAH9IINC_Pk0j-AYmJnZASpvsdVc0GV8qICsLaaX173aMS-fabuWhh8Mw-MoYpaWfm9rDb5XSdA6STxJOsoO2TvC20H1UiNkDPeAReQ!!/dz/d5/L2dBISEvZ0FBIS9nQSEh/

Para poder realizar este trámite será necesario dispoñer de certificado dixital ou DNI electrónico.

Con todo, se non dispoñemos de identificación dixital, podes realizar o trámite tamén de forma en liña a través do formulario habilitado na Sede electrónica da Seguridade Social dispoñible nesta ligazón ( https://w6.seg-social.es/ProsaInternetAnonimo/OnlineAccess?ARQ.SPM.ACTION=LOGIN&ARQ.SPM.APPTYPE=SERVICE&ARQ.IDAPP=FRCOGENE&ORGANISMO=I) achegando o modelo de solicitude da súa pensión e a documentación necesaria, sen necesidade de certificado electrónico.

Para iso, podes descargar os modelos oficiais de solicitude para as pensións do Sistema da Seguridade Social: http://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Pensionistas/Servicios/34887/40968

Se o prefires tamén podes facer a solicitude directamente na oficina da seguridade social que che corresponda, neste caso debes pedir CITA PREVIA, deixámosche o enlace para que a poidas solicitar aquí