MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA 3030 CONVOCA OS PREMIOS NACIONAIS DE MOCIDADE

21. 03. 22

MINISTERIO DE DEREITOS SOCIAIS E AXENDA 2030
Resolución do 10 de marzo de 2021, do Instituto da Mocidade, pola que se convocan os Premios Nacionais de Mocidade para o ano 2021.

Categorías.
Concederase un único premio en cada unha das categorías recollidas no artigo 1 da Orde SCB/960/2018, do 10 de setembro pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dos Premios Nacionais de Mocidade:
a) Compromiso social. Recoñecemento ao labor desenvolvido no ámbito social e o voluntariado.
b) Cultura. Recoñecemento á utilización de disciplinas artísticas para transmitir valores.
c) Medio Ambiente. Recoñecemento á realización de actuacións que fomenten o respecto ao medioambiente.
d) Deporte. Recoñecemento a actuacións realizadas para que o deporte sexa un medio para adquirir e transmitir valores entre os máis novos.
e) Ciencia e tecnoloxía. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvolvidas no ámbito da ciencia e a tecnoloxía.
f) Dereitos Humanos. Recoñecemento a iniciativas ou actuacións desenvolvidas no ámbito dos dereitos humanos.

Destinatarios/as.
Os Premios Nacionais de Mocidade están dirixidos a mozas de nacionalidade española, e a todos aqueles con residencia legal en España, que non superen a idade de trinta anos na data na que finalice o prazo para a presentación das candidaturas.

O prazo para a presentación de candidaturas será de vinte días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente convocatoria no «Boletín Oficial do Estado».

https://www.boe.es/boe/dias/2021/03/22/pdfs/BOE-A-2021-4490.pdf