QUERES MONTAR UNHA COOPERATIVA PERO NON SABES CÓMO FACELO? APROVEITA ESTA ACCIÓN FORMATIVA QUE CHE BRINDA EUSUMO

21. 05. 31

Formación: Lánzate a emprender en cooperativa

Gratuíto!

Datas: do 15 de xuño ao 14 de xullo de 2021.

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 16 de xuño e 14 de xullo de 11:00 a 12:30 h e o 30 de xuño de 15:00 a 16:30 h.

Destinatarios/as:

Persoas que queren coñecer a oportunidade que o cooperativismo lles brinda como forma de acceder ao mercado de traballo a través do autemprego; persoas que buscan outra forma de traballar; alumnado de obradoiros de emprego, escolas obradoiros e últimos ciclos formativos na búsqueda de posibilidades laborais. Persoas interesadas en coñecer mais polo miúdo a fórmula cooperativa.

 Formulario de inscrición: https://lnkd.in/dMec6Qm

 Máis información: https://lnkd.in/dWr-K8c

Podes Informarte: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. / Telf: 881 887 456