AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA EFECTÚA UNHA CONVOCATORIA PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA TRAS O SEGUIMENTO DUN CURSO DE PREPARACIÓN NA MODALIDADE DE TELEFORMACIÓN

21. 06. 02

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021 pola que se efectúa unha convocatoria para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática, tras o seguimento dun curso de preparación na modalidade de teleformación.

Organización do curso
1. Número de prazas: 180.
2. Duración: 12 semanas (190 horas lectivas).
3. Modalidade: teleformación titorizada a través da plataforma EMA da rede CeMIT.
4. Datas de realización: do 01 de setembro ao 21 de novembro de 2021.

As persoas que desexen participar no curso convocado nesta resolución deberán inscribirse a través de internet na páxina web de CeMIT (https://cemit.xunta.gal).

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da rede CeMIT. Nesta alta previa é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

O prazo para a inscrición será de cinco (5) días hábiles a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210602/AnuncioG0177-240521-0001_gl.pdf