OBRADOIROS PARA A RAPAZADA ESTRADENSE!!!!!

21. 07. 15

Programa Girl SteAm para rapazada de 8-11 anos” e “Programa Girl SteAm para rapazada de 12-15 anos

Descrición: O obxectivo do Programa Girl SteAm é promover a creación de referentes, visibilizar roles e motivar as vocacións tecnolóxicas temperás dirixidas ás nenas e nenos, para espertar o seu interese e reforzar a confianza nas súas capacidades para cursar estudos SteAm a través de obradoiros formativos prácticos, onde aprender e experimentar coa tecnoloxía, coa finalidade principal de fomentar o talento e espertar as vocacións tecnocientíficas, engadindo o “A” de artes, pasando de STEM a STEAM. Trataranse temas como:

  • A igualdade.

  • sentido crítico ante a tecnoloxía.

  • uso creativo da tecnoloxía, máis aló do mero uso e consumo.

  • A colaboración e o traballo en equipo.

  • A importancia das artes como ferramenta de desenvolvemento.

 

Datas: 6 e 9 de agosto.

Lugar: Aula Cemit da Estrada

Idade mínima e máxima (adaptada en cada caso segundo a idade de 8-11 ou de 12-15)

Número de prazas: 10

Inscricións: https://cemit.xunta.gal/

 * Para calquer dúbida chamar ó teléfono 98 6570 997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Observacións: Actividade enmarcada no convenio de colaboración entre Agasol e a Amtega e no Plan de Talento Dixital de Galicia DigiTalent para o impulso de actividades de mentorado próximo desde idades temperás dirixidas ás nenas