FUNDACIÓN INSERTA ONCE CONVOCA EN COLABORACIÓN CON IRONHACK CURSO DE FORMACIÓN: CURSO DE SOPORTE TI VIRTUAL (CERTIFICADO DE GOOGLE)

21. 09. 16
Curso de soporte TI virtual (Certificado de Google):
 
Obxectivos: conseguir mediante esta formación capacitar ao alumnado para poder desempeñar os postos de técnico/a de help desk, analista de sistemas, especialista en soporte, administrador/a de bases de datos, técnico/a de TI,...
 
Duración: 150 horas
 
Datas prevista de inicio: mes de outubro
 
Distribución da aprendizaxe: 10 horas por semana, 3 meses e medio de duración total; configuraranse grupos de mañá ou tarde desde Ironhack, e en función das necesidades e dispoñibilidade do alumno coa idea de facilitar o seguimento (aínda que o alumno pode conectarse en todo momento, hai un titor de mañá e outro de tarde para darlles soporte)
 
Formato: en liña, plataforma COURSERA de Google.
Necesario computador e conexión a internet. Tutorizaciones (por parte de Ironhack): os venres en horario de mañá ou de tarde No Word adxunto detállovos mellor a información relacionada co curso.
 
O alumnado vai ser seleccionado en base á superación de dous test sinxelos: un en formato Google Forms para comprobar que posúen un mínimo de competencias dixitais e outro de Soft skills que se compón de 6 xogos moi divertidos e rápidos de facer (a entidade propietaria dos xogos é S4 hrtech).
Recibirán as ligazóns mediante correo electrónico e enviaranllos desde Ironhack (Montse Louredo).
É posible que o reciban no seu cartafol de Spam, pero é obrigatorio realizar e superar ese dous test para poder ser alumno/a, polo que é moi importante realizalos o máis áxilmente posible.
 
Ademais tras a fase de formación, durante os 6 meses seguintes á finalización do curso vai haber un período de captación de ofertas de traballo (desde posibles contratacións a xornada completa, parcial, ou prácticas remuneradas), pois Ironhack quere chegar a un 60 % de contratación do alumnado que finalice, pero non podemos asegurar que todos/as os/as alumnos/as finais teñan esa oportunidade.
 
A formación está cofinanciada polo FSE e Fundación ONCE polo que o alumnADO non asume ningún tipo de custo.
 
Para inscribirte podes chamar aos seguintes teléfonos:
 [INSERTA_FONDO_TRANSPARENTE]
Plaza de Europa 15 A - 2ª Planta (C.C. Área Central)
15707 - Santiago de Compostela
T: (+34) 634 99 53 13
T: (+34) 687 93 68 58
T: (+34) 981 55 44 83