AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA CONVOCA PROBAS DE AVALIACIÓN DE CARÁCTER LIBRE PARA A OBTENCIÓN DA CERTIFICACIÓN GALEGA DE COMPETENCIAS DIXITAIS EN OFIMÁTICA

21. 09. 28

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2021 pola que se convocan probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

Obxecto

1. Obter a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, regulada polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro (DOG núm. 229, do 30 de novembro), tras a superación dunha proba presencial na que se acreditarán os coñecementos, capacidades e destrezas definidos no Plan formativo ofimático de Galicia.

2. Poden participar nestas probas todas aquelas persoas maiores de 16 anos, ou que os cumpran antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como usuarios/as da rede CeMIT.

Entre os lugares de celebración tes A ESTRADA: Venres, 5 de novembro 10.00

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse a través de intenet na páxina web de CeMIT (http://cemit.xunta.gal).

O prazo para a inscrición será de sete (7) días naturais a partir do seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. REMATA ESTE XOVES 30 DE SETEMBRO. 

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210923/AnuncioG0177-150921-0001_gl.pdf