CURSO 'O COMERCIO INTERNACIONAL: TRANSPORTE MARÍTIMO E OPERATIVA PORTUARIA', ICEX-CECO. 10ª EDICIÓN

21. 01. 26
 

A Xunta de Galicia, a través do Igape e en colaboración co ICEX, organiza o curso en liña O Comercio Internacional: Transporte Marítimo e Operativa Portuaria. 10ª Edición, que ten entre outros obxectivos:

  • Facilitar coñecemento da operativa portuaria e os principais elementos que interveñen no transporte marítimo de mercadorías.
  • Proporcionar os coñecementos necesarios para realizar unha correcta xestión dos riscos, así como os aspectos contractuais que deben considerarse.
  • Familiarizar co novo código aduaneiro e as súas implicacións.
  • Dominar os incoterms e a súa vinculación co contrato, o medio de pago, a loxística e as aduanas.

As empresas exportadoras de bens teñen a necesidade de coñecer en profundidade as diferentes alternativas para colocar os seus produtos nos mercados internacionais. Entre as opcións existentes, o transporte por mar ten especial importancia, especialmente para expedicións de mercadorías a mercados lonxanos. Neste contexto, resulta fundamental a formación dos profesionais dos fabricantes de bens con vocación internacional, para que coñezan en profundidade como funciona a operativa portuaria e o transporte marítimo.

Persoas destinatarias da formación: empresas galegas e operadores de comercio internacional que queiran iniciarse ou consolidarse no comercio exterior.
Datas celebración do curso: do 8 de febreiro ao 9 de maio de 2021, cunha duración de 120 h ao longo de 10 semanas.
Prazas limitadas. O prazo de inscrición está aberto ata completar as prazas.

INFORMACIÓN E PROGRAMA

INSCRÍBETE