COÑECES ARA? O PROCEDEMENTO PARA A AVALIACIÓN, RECOÑECEMENTO E ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS DA XUNTA DE GALICIA

21. 12. 17

 Mellora o teu futuro profesional!

Tes experiencia e ningún certificado ou título oficial? Queres obter un Certificado Oficial que valide a túa competencia profesional?

Coñeces ARA?
O procedemento para a avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias da Xunta de Galicia.

Está aberto durante todo o ano!

Sen límite de prazas.

Estos on os requisitos de participación no procedemento:
a) Posuír a nacionalidade española, atoparse incluída como persoa residente comunitaria ou familiar desta, ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor.
b) Ter 18 anos para as unidades de competencia nivel 1, e 20 anos para unidades de competencia nivel 2 e 3.
c) Ter experiencia laboral e/ou formación relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar:

Experiencia Laboral:
Xustificaranse polo menos 3 anos, cun mínimo de 2.000 horas traballadas en total, nos últimos 15 anos transcorridos antes da presentación da solicitude para unidades de competencia de nivel 2 e 3. Para as unidades de competencia de nivel 1, requiriranse como mínimo 2 anos de experiencia laboral cun mínimo de 1.200 horas traballadas en total.

Formación:
Xustificaranse polo menos 200 horas para unidades de competencia de nivel 1 ou 300 horas para as unidades de competencia dos niveis 2 e 3, nos últimos 10 anos transcorridos antes da presentación da solicitude.

NON ESPERES MÁIS E PON EN VALOR A TÚA EXPERIENCIA PROFESIONAL

MÁIS INFORMACIÓN:
🌐Portal acreditación competencias: https://lnkd.in/dFmeAta