ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE PUBLICA CONVOCA CURSO DE RECICLAXE DE SOCORRISMO ACUÁTICO

21. 02. 05
 

Academia Galega de Seguridade Pública
RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2021 pola que se convocan cursos de reciclaxe de socorrismo acuático, válidos para a renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Destinatarios/as
Persoas inscritas no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia que estean obrigadas a renovar a inscrición antes do 31 de decembro de 2021. Non obstante, poderán inscribirse aqueles que teñen que renovar a inscrición con posterioridade á data sinalada, pero só serán seleccionados no caso de existir prazas vacantes.

O prazo de inscrición será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210205/AnuncioO3C2-260121-0003_gl.pdf