II EDICIÓN DO PROGRAMA MENTORING XUVENTUDE

22. 07. 20

Prazo aberto de inscrición ata o 01/08/2022

Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Por que?

Porque desde a Xunta de Galicia queren favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.

O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.

Como?

A través das seguintes accións:

1. Traballo con persoas mentoras: apoio para a inserción laboral por conta propia ou allea, a través dunha persoa mentora,que será un profesional con experiencia no sector económico do teu interese.

2. Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.

3. Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).

4. Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.

Para?

As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:

• Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.

Para o caso de persoas emigrantes retornadas poderán ter rematado os estudios fóra de Galicia, sempre e cando os teñan correctamente homologados.

• Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.

• Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.

Cando?

Aberta a convocatoria da II Edición ata o 1 de agosto de 2022

INSCRÍBETE XA EN:  xuventudementoring.gal

https://www.xuventudementoring.gal/