QUERES PARTICIPAR NO PROGRAMA "EMPLE- ARTE" PONTEVEDRA?

22. 09. 02

Empregarte é un programa de orientación laboral gratuíto para axudar a persoas en situación de desemprego a reactivar a súa procura de emprego.

A súa innovación reside no uso de técnicas e procesos creativos de varias disciplinas artísticas para motivar ás persoas participantes, fomentar o seu crecemento persoal e a partir de aí reactivar a súa procura de emprego no novo mercado laboral.

Nas seguintes ligazóns podedes atopar máis información:
https://areaempleofsmlr.es/2022/08/11/aberta-a-inscripcion-para-a-nova-edicion-de-empregarche/

As persoas interesadas en participar no programa, totalmente gratuíto, dispoñen ata o 23 de setembro para encher o formulario de inscrición habilitado na seguinte web: https://www.emple-arte.org/es/inscribete

Datas e requisitos
O segundo proxecto piloto de “Empregarte” Pontevedra comezará a finais de setembro e estará operativo ata finais de novembro.
 
Poderán participar persoas en desemprego de longa duración, con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos; e terán prioridade maiores de 45. Poderán ter calquera nivel de estudos (Sen estudos, ESO; Formación Profesional, Bacharelato, grao universitario, etc.) e proceder de calquera sector laboral.
 
Tes algunha dúbida? Contacta no teléfono 611 044 674 (Raquel)