XUNTA DE GALICIA CONVOCA PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE PARA ACCEDER Á FORMACIÓN DOS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE DE NIVEIS 2 E 3 DE CUALIFICACIÓN

23. 01. 16

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, pola que se convocan probas de avaliación en competencias clave para acceder á formación dos certificados de profesionalidade de niveis 2 e 3 de cualificación (código de procedemento TR306A).

Convócanse probas nos niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

– Comunicación en lingua galega.

– Comunicación en lingua castelá.

– Comunicación en lingua estranxeira (inglés).

– Competencia matemática.

Requisitos de participación

1. Poderanse presentar ás probas para a obtención do certificado de superación das competencias clave necesarias para o acceso á formación dos módulos formativos dos certificados de profesionalidade tanto do nivel 2 como do nivel 3 as persoas que cumpran os dous seguintes requisitos:

a) Maiores de 16 anos ou que os teñan feitos en 31 de decembro do ano natural en que se realizan as probas.

b) Non estar en posesión de ningún dos requisitos de acceso á formación dos certificados de profesionalidade establecidos no artigo 2 da Orde do 7 de xaneiro de 2014, pola que se establecen os requisitos formativos para o acceso á formación dos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional e se regulan as probas de avaliación en competencias clave dentro das accións formativas de formación profesional para o emprego na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia núm. 9, do 15 de xaneiro).

2. No anexo III desta resolución infórmase das titulacións, certificacións ou acreditacións oficiais que reúnen os requisitos formativos de acceso aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación profesional a que se refire o punto anterior.

 O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230110/AnuncioG0656-241122-0001_gl.pdf