CONVOCANSE EN GALICIA AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

23. 02. 13

CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

Os prazos de matrícula serán:

– Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

– Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos. As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230213/AnuncioG0655-020223-0004_gl.pdf