AGASP CONVOCA CURSO DE ADAPTACIÓN DE ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTIVA AO SOCORRISMO EN INSTALACIÓNS ACUÁTICAS E EN ESPAZOS ACUÁTICOS NATURAIS

23. 03. 16

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2023 pola que se convocan cursos de adaptación da actividade física e deportiva ao socorrismo en instalacións acuáticas (CAFDOIA) e en espazos acuáticos naturais (CAFDO-EAN), co obxectivo de acadar a formación mínima que deben reunir os/as socorristas acuáticos/as para o seu exercicio profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia e a súa inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia.

Destinatarios/as

Persoas interesadas na inscrición no Rexistro profesional do persoal de socorrismo, información e primeiros auxilios de Galicia por medio da acreditación da formación mínima establecida no artigo 4.1 e no 4.2 do Decreto 152/2021, do 21 de outubro, e as persoas que, ao abeiro da disposición transitoria primeira do Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, estiveron inscritas provisionalmente no Rexistro de Socorristas Acuáticos e que na actualidade se encontran coa inscrición caducada poderán obter a formación mínima e renovar a inscrición na sección correspondente.

O prazo de inscrición será de sete (7) días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230316/AnuncioO3C2-100323-0001_gl.pdf