O venres 23 de xuño das 11:00 ás 12:00 horas na Aula Cemit da Estrada (sita no 1º andar do edificio da Casa da Música na Avda Benito Vigo nº 94)
Trátase dunha formación na que se busca formar á cidadanía, principalmente xente maior, de maneira fácil e práctica sobre os principais retos aos que estamos expostos no día a día no contexto da ciberseguridade e como afrontalos.
· O formato será presencial.
· A sesión terá unha duración de 1h e 30min aprox.
Dunha maneira dinámica, participativa e práctica, o obxectivo é dar a coñecer os riscos que nos axexan cada vez que nos conectamos á rede, compartimos contido ou consultamos información.
Neste sentido, abordaranse as principais ciberestafas (phishing, compras fraudulentas na rede, alugueiros vacacionais, compravenda de produtos, sextorsión…) identificando aqueles mecanismos de detección e defensa que nos axudan a previlas e fan que esteamos máis protexidos.
Curso: O teu día a día en liña, con seguridade
Prazas totais: 15
Data: 23/06/2023
Hora de inicio: 11:00
Hora de fin: 12.00
Inscricións na web https://cemit.xunta.gal/. (Data límite inscripción: 21 de xuño de 2023 ás 14:00 horas)
Para calquera dúbida contacten coas oficinas de aestradadixital sitas na Avda Benito Vigo nº 94 Baixo no teléfono 986570997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.