AULA CEMIT A ESTRADA ORGANIZA: OBRADOIRO CREATIVO SOBRE O EQUIPAMENTO PARA A INCLUSIÓN E A CAPACITACIÓN DIXITAL PARA PERSOAS ADULTAS

23. 07. 06

Obradoiro creativo sobre o equipamento para a inclusión e a capacitación dixital para adultos na aula Cemit da Estrada

Iniciativa definida no marco do convenio de colaboración entre a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia destinada a adultos sen necesidade de coñecementos previos aínda que si con competencias básicas no uso das TIC.

Sesión demostrativa e experimental na que se exporán varias aplicacións e usos dos sistemas e equipamento tecnolóxico destinada a persoas adultas con interese profesional ou persoal sobre este tipo de tecnoloxía cun enfoque divulgativo e ocio-educativo.

· Impresión FDM.

· Wonder Building Kit con micro:bit V2

· Dron DJI Tello

· Kits VR Educa 360

· Raspberry Pi

· Arduino

Esta formación irá acompañada de pílulas informativas (estilo quickstart) de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades así como diversos recursos para o seu aprendizaxe.

Os usuarios/as poderán ver, inspirarse e interactuar con algunhas creacións e implementacións dos diversos sistemas con finalidades ocio-educativas.

Curso                                                                                                                                  Prazas totais                             Data                              Hora de inicio                       Hora de fin

O. creativo sobre o equipamento para a inclusión e a capacitación dixital para adultos            14                                     08/08/2023                           10:00                                  14:00

Inscricións na web https://cemit.xunta.gal/. (Data límite inscripción: 7 de agosto ás 14:00 horas)

Para calquera dúbida contacten coas oficinas de aestradadixital sitas na Avda Benito Vigo nº 94 Baixo no teléfono 986570997 en horario de 9:00 a 14:00 horas.