CURSOS EN LIÑA EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS, GRATUITOS

23. 07. 26
Desde APE Galicia, a asociación de autónomos e pequenas empresas de Galicia, faise chegar información sobre os cursos EN LIÑA en materia de PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS que financia a Xunta de Galicia.
 
Con estes cursos GRATUÍTOS, preténdese que as persoas asistentes adquiran as claves necesarias para comprender a realidade sobre os riscos profesionais e danos derivados do traballo, co obxectivo de adquirir unha visión global que lle permita desenvolver as súas funcións nun ambiente seguro, tanto físico como psicolóxico.
 
Todos estes cursos serán TOTALMENTE EN LIÑA e GRATUÍTOS, con TUTORIAS INDIVIDUAIS e cunha DURACIÓN TOTAL de 10 HORAS que o alumnado poderá xestionar libremente a condición de que cumpra o prazo de finalización.
 
Para poder participar é necesario formalizar a inscrición aquí: https://apegalicia.gal/