CENTRO BRITÁNICO IMPARTE CLASES GRATUITAS DE INGLES NO MES DE AGOSTO

24. 07. 03

O Centro Birtánico oferta clases gratuítas presenciais que impartirán profesorado en prácticas do Curso CELTA de Cambridge do Centro Británico de Santiago de Compostela no mes de agosto.

As persoas interesadas poden inscribirse a través da seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdlLHeGKtMnp3o0igQJVj_rnwgbyAFNAcsTvQjiJAdpb1aKhw/viewform

Características: Clases de inglés presenciais GRATUÍTAS impartidas por profesorado en prácticas do curso CELTA de Cambridge, o certificado de ensino en inglés máis recoñecido internacionalmente.

Imprescindible a ASISTENCIA a clase durante todo o curso durante unha quincena de agosto, en función do nivel.

As prazas son limitadas.

As persoas interesadas deben contactar antes do 24 de xullo co Centro Británicobien cubrindo o formulario, chamando ao 981 59 74 90 ou ben informándose nas súas oficinas de Santiago. Deste xeito indicaráselles cando poden realizar a proba de nivel oral. A selección farase tendo en conta a orde de inscrición así como o nivel de inglés esixido para a realización do curso. 

Entregarase, baixo petición, certificado de asistencia ao curso do Centro Británico.