BOLSA FORMATIVA REMUNERADA.
REQUISITOS:
- Técnico/a Superior en Deseño en Fabricación Mecánica (D3FME000300) ou formación equivalente.
- Nocións básicas de SolidWorks e do paquete Office.
- Interpretación de planos.
- Interese pola hidráulica, os sistemas de alta presión e a fabricación de maquinaria.
- Perfil metódico, organizado, con capacidade de traballo en equipo e con ganas de aprender.
Funcións nas que te formarás:
- Deseño e desenvolvemento de produto.
- Modelado 3D de pezas e conxuntos en SolidWorks.
- Elaboración e mantemento da documentación técnica de produto: manuais, despezamentos, fichas técnicas e listas de materiais.
- Elaboración de orzamentos técnicos.
Condicións da bolsa:
- Duración de doce meses con posibilidade de incorporación posterior a persoal, en función do desempeño e das necesidades da empresa.
- Xornada completa, en horario de 7.00 a 15.00 horas durante todo o ano.
- Presencial na Estrada (Pontevedra). A menos de 20 minutos de Santiago de Compostela.Se che interesa envía o teu CV actualizado ao correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entrégao en persoa nas súas instalacións.

