on 29 Setembro 2026

REQUISITOS:
- Nivel bilingüe de galego (realizarase proba de nivel)
- Manexo de ofimática básica

OFRECEN:
- Formación presencial de 160h a cargo da empresa, do 05/10 ao 04/11 en horario de 9.00 a 14:00h (selectiva e non remunerada)
- Localización do curso: Lugar San Marcos (Bando). Santiago de Compostela, Coruña (15820)

Onde traballan despois?
- Localización do posto de traballo: A Estrada. Centro dá Cultura, Pontevedra (36680)
- Horario do posto de traballo: L a D en quendas rotativas (Mañás 7.50-15:00h, tardes 14.50-22:00h, noites 21.50-8:00h)
- Xornada completa 39h semanais
- Salario segundo convenio: 1428€ b/mes

https://www.infojobs.net/santiago-de-compostela-a-estrada-pontevedra/agente-telefonico-curso-para-bolsa-teleoperador-emergencias-112/of-i0e40adc02043fa9a75702640802e6a?applicationOrigin=search-filtered&page=2&sortBy=PUBLICATION_DATE

on 28 Setembro 2026

Certificado de Profesionalidade de Nivel 1 en Operacións de Gravación e Tratamento de Datos, coas seguintes características: 

- Modalidade: Teleformación (100% en liña)

- Dirixido a: Persoas desempregadas menores de 30 anos

- Inicio: Mediados de novembro

- Inclúe prácticas en empresa

- Custo: Totalmente gratuíto

- Prazas limitadas

-Bolsa de Transporte ( para os días que se trasladen ás nosas instalacións para realizar os examenes) Este curso pode ser unha boa oportunidade para as persoas mozas en situación de desemprego que forman parte do seu colectivo, xa que lles permite obter unha titulación oficial e acceder a prácticas reais en empresa, sen ningún custo.

PERSOAS INTERESADAS CONTACTAR NOS TELÉFONOS:

625 766 472

686 073 369

695 799 037

on 23 Setembro 2026

A quen vai dirixido?

Programa dirixido a persoas que viven nos municipios de:

A Estrada

Forcarei

Cerdedo-Cotobade

Cuntis

Silleda

Campo Lameiro

E que desexan mellorar as súas oportunidades laborais ou emprender

Descobre novas oportunidades laborais na túa contorna.

Mellora as túas competencias dixitais.

Amplía a túa rede de contactos e apoio.

Impulsa o teu proxecto profesional ou emprendedor.

Contribúe ao desenvolvemento da túa comunidade.

 

OBXETIVOS DO PROGRAMA

Mellorar a empregabilidade das persoas participantes.

Fortalecer as competencias dixitais e profesionais.

Facilitar o acceso ao emprego e ao autoemprego.

Conectar ás persoas con oportunidades do territorio.

Impulsar a participación e o desenvolvemento da comunidade rural.

Que te ofrecemos?

Axudámoste a impulsar o teu acceso ao emprego e a desenvolver novas oportunidades profesionais:

Orientación laboral personalizada.

Formación e desenvolvemento de competencias.

Acompañamento na procura de emprego.

Apoio ao emprendemento.

Traballo en rede e desenvolvemento comunitario.

 

PERSOAS INTERESADAS CONTACTAR A TRAVÉS DOS SEGUINTES MEDIOS:

+34 986 571 057  Ext. 61180

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

on 16 Setembro 2026

CONSELLERÍA DE CULTURA, LINGUA E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral da Lingua, pola que se realiza a segunda convocatoria das probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 2, 3 e 4, no ano 2026 (código de procedemento PL500C).

Persoas destinatarias.

As persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras.

As probas realizaranse en Santiago de Compostela, en Ponferrada e en Madrid e terán lugar os días 14, 15, 21 e 22 de novembro, sempre que ningunha circunstancia excepcional o impida.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260916/AnuncioG0766-090926-0001_gl.pdf

on 01 Setembro 2026

AXENCIA PARA A MODERNIZACIÓN TECNOLÓXICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2026 pola que se anuncian as convocatorias das probas de avaliación para a obtención do certificado galego de competencias dixitais (ComDix) na Rede CeMIT, nos seus niveis iniciación e intermedio, correspondentes ao segundo semestre do ano 2026.

As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ter un mínimo de 16 anos e inscribirse na páxina web da Rede CeMIT https://cemit.xunta.gal antes da finalización de cada prazo de inscrición indicado na base primeira.1 deste anexo.

Con carácter previo á inscrición é necesario darse de alta como usuario/a da Rede CeMIT no enderezo electrónico https://aulascemit.xunta.es/usuarios, para o que é imprescindible facilitar unha conta persoal de correo electrónico.

Os datos persoais con que a persoa se inscriba na Rede CeMIT serán os que se tomen de referencia durante todo o proceso de selección para a participación nas probas e a posterior emisión das certificacións.

A Amtega non se fai responsable da emisión de certificacións con datos incorrectos por erros na inscrición ás probas.

O prazo de inscrición correspondente a cada convocatoria, que figura na base primeira desta resolución, terá unha duración de dez (10) días naturais contados desde a data de inicio do prazo.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260901/AnuncioG0177-130826-0001_gl.pdf

on 21 Agosto 2026

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2026 pola que se convoca o curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico, para persoal empregado público, traballador/a por conta allea ou autónomo/a, empresario/a e persoa con inquietudes no ámbito da prevención de riscos laborais.

O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de agosto ao 4 de setembro de 2026.

TELEFORMACIÓN

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260821/AnuncioO150-300726-0002_gl.pdf