Requisitos:
Sobre todo, unha persoa creativa e resolutiva. Alguén que desfrute deseñando, que teña sensibilidade
visual e que sexa capaz de traballar con autonomía.
• Bo criterio estético.
• Creatividade e iniciativa.
• Soltura e rapidez deseñando.
• Capacidade para adaptar unha idea a diferentes formatos e canles.
• Organización e atención ao detalle.
• Capacidade para traballar con diferentes proxectos á vez.
• Ganas de propoñer ideas novas.
• Curiosidade e ganas de aprender.
• Entender que o deseño debe servir tamén para comunicar e vender.
Ferramentas e coñecementos:
Valoran experiencia con Adobe Illustrator, Photoshop e InDesign, Canva, edición de vídeo,
WordPress ou outros xestores web, redes sociais e ferramentas de IA aplicadas ao deseño e mercadotecnia.
Non é necesario que sexas especialista en todas elas, pero si que teñas unha boa base de deseño e
capacidade para aprender novas ferramentas.
O posto é 100% presencial na Estrada (Pontevedra).
Buscan preferentemente persoas da Estrada e arredores que poidan desprazarse diariamente.Ofrecen:
• Incorporación a unha empresa en crecemento.
• Un posto moi variado, con proxectos diferentes.
• Participación no desenvolvemento das nosas marcas.
• Traballo directo con mercadotecnia e dirección comercial.
• Autonomía para propoñer e desenvolver ideas.
• Posibilidade de crecer profesionalmente xunto co proxecto.
Persoas interesadas enviar currículo ao enderezo electrónico:
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando no asunto: PERSOAL DE MARKETING E DESEÑO GRÁFICO

