Xunta Conecta con Cortizo: oferta de 33 postos de traballo en Padrón
A empresa Cortizo participará nunha nova edición de Xunta Conecta, unha iniciativa que facilita o contacto directo entre empresas e persoas demandantes de emprego mediante presentacións empresariais, entrevistas rápidas e actividades de orientación para a preparación dos procesos de selección.
Nesta ocasión, a empresa busca cubrir 33 postos de traballo en Padrón.
As xornadas de selección celebraranse nas seguintes datas e localizacións:
- 10 de novembro: Oficina de Emprego de Boiro.
- 13 de novembro: Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), en Santiago de Compostela.
Perfís profesionais ofertados
A oferta de emprego distribúese nas seguintes ocupacións:
| Perfil profesional | Número de postos |
|---|---|
| Peón/Peoa de Produción | 12 |
| Peón/Peoa de Produción PVC (fin de semana) | 3 |
| Peón/Peoa de Almacén | 2 |
| Matriceiro/a | 6 |
| Corrector/a de Matrices | 6 |
| Oficial de Mantemento | 4 |
| Total | 33 |
Como participar?
A previsión é que a convocatoria se publique o 30 de outubro, data a partir da cal as persoas interesadas poderán solicitar cita a través do Portal de Emprego de Galicia.
Unha vez pechado o prazo de inscrición, o persoal orientador das oficinas de emprego participantes contactará coas persoas inscritas para confirmar o seu interese e dispoñibilidade, así como para comunicarlles os detalles da xornada.
Recoméndase acudir á entrevista cun currículo actualizado. Así mesmo, é importante dispoñer de carné de conducir e vehículo.
Máis información
https://emprego.xunta.gal/gl/xunta-conecta
Non perdas esta oportunidade de acceder a un proceso de selección con Cortizo!

