Convocatoria e bases do proceso selectivo para a incorporación e contratación, por parte da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames EPEL, e coa condición de persoal laboral indefinido, dun/dunha oficial de 1ª de servizos. Expte. GD. 14774/2026
O sistema selectivo empregado será o de concurso-oposición; que incluirá unha fase inicial (eliminatoria) de oposición, que comprenderá o desenvolvemento de probas para a determinación da capacidade e coñecementos das/os aspirantes; xunto cunha segunda fase (non eliminatoria) de concurso para a valoración de méritos; e todo isto con arranxo aos criterios fixados nas presentes bases e, concretamente, na base novena.
As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo presentaranse, conforme ao modelo que figura como ANEXO I das presentes bases, a través do rexistro electrónico da Sede Electrónica do Concello de Ames, dirixido ao Departamento de Alcaldía (Presidencia da Entidade Pública Empresarial Local Augas de Ames EPEL); ditas solicitudes deberanse presentar dentro do prazo de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/08/18/2026_0000005390.html

