CONSELLERÍA DE FACENDA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de persoal axudante de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de Arquivos.
O número de prazas convocadas na escala de persoal axudante de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de Arquivos, será de tres (3), das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.
O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260901/AnuncioG0597-310726-0004_gl.pdf

