No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 159, do 20 de agosto de 2026, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Dúas prazas de Técnico/a Medio/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Xestión, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Unha praza de Administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Unha praza de Auxiliar, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Auxiliar, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, polo sistema de oposición, en quenda reservada a persoas con discapacidade.

Dúas prazas de Auxiliar, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Dúas prazas de Subalterno/a, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Subalterna, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Técnico/a Superior en Enxeñería Informática, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Dúas prazas de Traballador/a Social, pertencentes á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Enxeñeiro/a Técnico/a de Obras Públicas, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Técnico/a Medio/a de Arquivos, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Técnico/a Medio/a Relacións Laborais, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Media, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Oficial, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Servizo de extinción de incendios, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Sarxento, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Servizo de extinción de incendios, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Unha praza de Oficial Carpinteiro/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Privado de oficios, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Oficial Condutor/a Mecánico/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Servizos especiais e clase Privado de oficios, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no «Boletín oficial del Estado»

https://www.boe.es/boe/dias/2026/09/09/pdfs/BOE-A-2026-18857.pdf