No «Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra» número 135, do 17 de xullo de 2026, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria para prover:

Dúas prazas de Técnico/a de Administración xeral, pertencentes á escala de Administración Xeral, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de oposición, en quenda libre.

Unha praza de Arquitecto/a, pertencente á escala de Administración Especial, subescala Técnica e clase Superior, polo sistema de concurso-oposición, en quenda libre.

Unha praza de Técnico/a medio/a de Xestión, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Técnica e clase Media, polo sistema de concursooposición, en quenda de promoción interna.

Unha praza de Administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Administrativa, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

Unha praza de Auxiliar administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, subescala Auxiliar, polo sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna.

https://www.boe.es/boe/dias/2026/10/07/pdfs/BOE-A-2026-20856.pdf