BASES REGULADORAS DO PROCESO SELECTIVO PARA A FORMACIÓN DE BOLSA DE EMPREGO PARA OFICIAIS DE SERVIZOS VARIOS DO CONCELLO DE DODRO.

As persoas que desexen tomar parte desta selección deberán presentar as súas instancias dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente no modelo que se engade como Anexo II, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Dodro en horario de atención ao público (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou por calquera outro medio válido en dereito, recollido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña

https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/10/21/2026_0000006716.html